CAMPUS 21 NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Academia gl

Celta Academy creará tres novas escolas de fútbol en México

RC Celta

O proxecto das escolas internacionais do Celta continúa expandíndose coa firma entre a Fundación Celta e o RC Celta dun acordo con Idea Sport para a creación de tres escolas de fútbol para a tempada 21/22. En setembro iniciarán as actividade nas cidades de Anáhuac en Cancún, Polanco e Interlomas en México DF, dirixido a mozos e mozas de entre 6 e 15 anos.

 

Estas escolas sumaranse á consolidada academia de Campeche cuxos xogadores compiten en torneos locais.

 

Asinaron o acordo Mario Quintana, fundador e director xeral de Ideas Sport, Elías Fernández, director xeral de Grupo Hickok e representante de Idea Sport e Germán Arteta, director da Fundación Celta.

Contémplase que esta colaboración potencie a escola de fútbol base a través da formación  mediante a aplicación do método da Canteira entre os e as máis novas do país azteca.

RC Celta

Etiquetas

Academia gl Actividades gl Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas