imagen horizontal Cochi
Academia gl

Nova escola Celta Academy en India

RC Celta

Celta Academy amplía a súa rede de escolas internacionais coa inauguración dunha nova academia en Kochi (India) que comeza a súa andaina tras unha longa espera de máis de dous anos por mor da pandemia. A academia conta coa colaboración do Grupo Profand a través da súa sede Profand Vayalat, e será a segunda que se realice coa empresa galega tras a de Paita (Perú) inaugurada en 2018.

Máis de 200 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos estiveron presentes nos primeiros adestramentos, realizados polos técnicos da Academia do Celta destinados na India.

Ademais do acto de inauguración, tamén se realizou un intenso adestramento cos técnicos locais, que serán os encargados de transmitir a metodoloxía do RC Celta no país asiático.

Actualmente, a Celta Academy conta con escolas de fútbol en Brasov (Romanía), Paita (Perú), Cali (Colombia), Pensilvania (Estados Unidos), ademais de organizar campus noutros países como Italia, Xapón, Venezuela ou Tanzania.


RC Celta

Etiquetas

Academia gl Actividades gl Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas