ESCUDO-1300x400-02
Celta b

O central Sergio Barcia volve a casa: velocidade, liderado e intensidade para a defensa do Celta B

RC Celta

Volve a casa. O central Sergio Barcia é a segunda fichaxe do Celta B para a tempada 2022/23. Regresa a un club no que ingresou cando tiña 11 anos e que abandonou tras a súa etapa no Xuvenil de División de Honra. Faino con dous partidos en Primeira División no Granada, precisamente un deles contra o RC Celta, e tras lucir o brazalete de capitán, que xa portou no xuvenil vigués, no filial granadino a asada tempada.

Sergio Barcia, vigués de 21 anos, únese ao equipo de Claudio Giráldez cun contrato de tres tempadas e a valiosa experiencia adquirida na súa etapa no filial do Granada, co que disputou 47 partidos e anotou seis goles. Entre as súas calidades, a súa capacidade de liderado, velocidade e intensidade en tarefas defensivas.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas