20221009_Partido_CeltaBVsADMérida_3
Celta b

Esforzo sen recompensa ante a AD Mérida no regreso do Celta B a Barreiro (1-2)

RC Celta

O Celta B caeu derrotado (1-2) ante a AD Mérida no partido correspondente á sétima xornada de Liga no grupo I de Primeira Federación disputado en Barreiro. Os celestes, que se adiantaron no marcador, sufriron un excesivo castigo ante un conxunto visitante que levou a contenda cun gol en cada parte.

O filial celeste non puido ter un mellor regreso ao terreo de xogo de Barreiro, adiantándose no marcador por medio de Raúl Blanco, que anotaba por segunda xornada consecutiva. Un Celta B que, sen sufrir excesivos apuros, vía como o Mérida igualaba a contenda á media hora cun centroxute do exceleste Álvaro Ramón que significaba o 1-1.

Tras o descanso, os celestes recuperaron a súa mellor versión e puideron poñerse de novo no marcador, en varias ocasións, por medio de Miguel Rodríguez. Con todo, era o Mérida o que lograba o premio do gol nun contragolpe finalizado entre os tres paus por Nando Copete.

Os de Claudio Giráldez baleiráronse en ataque nun tramo final no que mesmo chegou o gol, obra de Hugo Álvarez, pero foi anulado por fóra de xogo.

O Celta B sitúase en décimo quinta posición despois de sumar seis puntos en sete xornadas. Tras esta derrota, o segundo equipo céltico visitará ao Pontevedra CF o vindeiro sábado 15 de outubro ás 19:00 en Pasarón.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique (Pablo Durán, min. 73), Javi Domínguez, Sergio Barcia, Medrano; Calderón, Damián (Hugo Sotelo, min. 56); Raúl Blanco (Fran López, min. 80), Iker Losada (Hugo Álvarez, min. 56), Javi Gómez, Lautaro (Miguel Rodríguez, min. 56).

2 – AD MÉRIDA: Javi Montoya; Pipe, Nacho González, Bonaque, Álvaro Ramón; Meléndez (Erik Ruiz, min. 90), Luis Acosta, Artiles (Sandoval, min. 64); Nando Copete (Viñuela, min. 85), Carlos Cinta (Lolo Plá, min. 64), Larrubia (Kamal, min. 90).

Goles: Raúl Blanco (1-0, min. 6); Álvaro Ramón (1-1, min. 29); Nando Copete (1-2, min. 72).

Árbitro: Fernández Buergo, do colexio asturiano. Amonestou a Damián ey a Javi Domínguez, do Celta B, e a Artiles, Nando Copete, Álvaro Ramón e Viñuela, da AD Mérida.

Campo: Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas