PrimeraFederación2223_PlayOffAscenso_CeltaBVsCDEldense_3
Celta b

O Celta B dá o primeiro paso no play-off de ascenso ante o CD Eldense (3-2)

RC Celta

O Celta B venceu (3-2) ante o CD Eldense na ida das semifinais do play-off de ascenso a Segunda Divión en Abanca Balaídos. Un partido no que os de Claudio Giráldez levan unha lixeira vantaxe de fronte ao partido de volta.

Unha grandiosa primeira metade do Celta B que, pese ao gol inicial de Manu Nieto, logrou darlle a volta ao marcador antes do descanso cun dobrete de Lautaro. O filial celeste, que mesmo puido irse a vestiarios cun resultado máis avultado, vía como o Eldense igualaba aos poucos minutos da continuación.

O Celta B non baixou os brazos e foi capaz de poñerse de novo por diante no marcador cun novo gol de Lautaro para selar o seu hat-trick. Un partido que entrou nuns minutos finais nos que, finalmente, non se moveu o marcador.

Desta forma, o Celta B encara con optimismo o partido de volta, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de xuño ás 19:00 no Estadio Novo Pepico Amat.

FICHA TÉCNICA

3 – RC CELTA B: Ruly; Carrique, Javi Domínguez (Gael, min. 71), Sergio Barcia, Medrano; Damián (San Bartolomé, min. 61), Hugo Sotelo; Raúl Blanco (Pablo Durán, min. 61), Iker Losada, Hugo Álvarez; Lautaro (Manu Garrido, min. 71).

2 – CD ELDENSE: Vallejo; Toni Abad, Carlos Hernández, Miguel Núñez (Jorquera, min. 71), Diego González; Clemente, Ortuño, Pedro Capó (Pajarero, min. 84), Cris Montes (Carnicer, min. 78); Manu Nieto (Juanto, min. 71), Soberón (Cristian López, min. 84).

Goles: Manu Nieto (0-1, min. 23); Lautaro (1-1, min. 33); Lautaro (2-1, min. 35); Soberón (2-2, min. 51); Lautaro (3-2, min. 60).

Árbitro: Mallo Fernández, do colexio vasco. Amonestou a Carrique, do Celta B, e a Toni Abad, do CD Eldense.

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas