O Celta B caeu derrotado por 0-1 ante o Racing de Ferrol no partido correspondente á trixésimo sétima xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters disputado en Abanca Balaídos. Os celestes, que dispuxeron de boas ocasións para adiantarse no marcador, encaixaron un gol na segunda metade que pospón á última xornada a posibilidade de clasificarse ao play-off de ascenso.
O segundo equipo céltico realizou unha gran primeira metade na que gozou dun puñado de ocasións para poñerse por diante no marcador ante un Racing de Ferrol que conseguiu manter a igualada ao descanso. Tras a continuación, o Celta B seguiu na procura do gol, pero atopouse co gol do conxunto visitante a pouco menos de vinte minutos para o final. Os de Onésimo envorcáronse en busca do empate, cunha boa oportunidade para Miguel Rodríguez, pero non foi capaz de devolver as táboas ao marcador.
Tras esta xornada, o Celta B mantense en cuarta posición con sesenta puntos en 37 xornadas de liga. O segundo equipo céltico, que depende de si mesmo para clasificarse ao play-off, visitará á SD Logroñés a próxima fin de semana nas Gaunas na última xornada do campionato regular.
FICHA TÉCNICA
0 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Diego Pampín (Beitia, min. 86), Álex Martín, Javi Castro, Medrano; Alfon (Cedric, min. 71), Carbonell (Carrique, min. 81), Holsgrove, Iker Losada (Javi Gómez, min. 71); Miguel Rodríguez, Fabrício (Lautaro, min. 71).
1 – RACING CLUB FERROL: Gazzaniga; Loureiro, Quintana (Jon García, min. 12), David Castro, Pumar; Kevin Presa (Dani Nieto, min. 46), Álex López; Alayeto (Luis Chacón, min. 71), David del Pozo, Héber Pena (Taborda, min. 22); Joselu (David Rodríguez, min. 71).
Gol: Dani Nieto (0-1, min. 72).
Árbitro: Huerta De Aza, do colexio tinerfeño. Amonestou a Carbonell, do Celta B, e a Loureiro e Pumar, do Racing de Ferrol.
Campo: Abanca Balaídos.