20221121_Partido_CeltaBVsRayoMajdahonda_3
Celta b

O Celta B mantén os tres puntos en Abanca Balaídos ante o Rayo Majadahonda (3-1)

RC Celta

Vitoria dos nosos rapaces do Celta B ante o equipo de Majadahonda esta mañá en Abanca Balaídos na xornada correspondente á duodécima xornada da Primeira RFEF. O conxunto celeste mantén os tres puntos na casa, o que o eleva á posición 15 da táboa, xa fóra dos postos de descenso.

Gran primeira parte dos nosos que se adiantaron no marcador grazas a un gran disparo de Pablo Durán que entrou con suspense na portería rival. Unha primeira parte de dominio celeste que se traduciu en vantaxe no marcador tras os primeiros 45 minutos.

O defensa rival Felix Ofoli empatou o encontro aos 56 minutos pero inmediatamente despois, o Celta B recuperouse e conseguiu remontar no marcador grazas a dous goles nos seguintes dez minutos, obra de Carlos e Miguel. Os minutos restantes foron de dominio celeste que permite aos nosos seguir sumando.

Para a próxima xornada, o filial viaxará a San Fernando para tentar achegar os tres puntos e seguir sumando que lles permita continuar con esta boa dinámica.

FOLLA DE DATOS
3 – RC CELTA B: Christian J.; Carrique, Javi Medrano, Carlos Dguez., Medrano, Tincho (Raúl Blanco, min. 87); Calderón, Hugo Sotelo (San Bartolomé, min. 68), Pablo Durán (Iker Losada, min. 68); Miguel Rguez. (Lautaro, min. 73), Hugo Álvarez (Yoel Lago, min. 87)

1 – CF RAYO MAJADAHONDA: Lucho García, Aitor, Jorge Casado, Félix Ofoli, Abdel Rahim; Néstor (Josu, min. 73), Rafael Salama (Nando, min. 64), Mario García (Jeisson, min. 73), Alayeto (Konaté, min. 64); David, Llamas

Gol: Pablo Durán (Min. 40), Félix Ofoli (Min. 57), Carlos Dguez. (Min. 59), Miguel (Min. 63)

Árbitro: Francisco García Riesgo, colexio asturiano. Amonestou a Mario García (min. 53) polo Rayo Majadahonda e a Thomas Carrique polo RC Celta B (min. 92)

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas