ESCUDO-1300x400-02
Novas celta b

Christian Joel Sánchez, novo muro na Canteira

RC Celta

O Celta B reforza a portería coa chegada de Christian Joel Sánchez. O mozo de 23 anos aterra na canteira celeste cedido, con opción de compra, polo Sporting de Xixón.

O gardameta, nacido na Habana, iniciou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Sporting de Xixón no ano 2015. Desde entón, mostrou unha gran personalidade e valentía no club asturiano, co AEK Larnaca como o único equipo que gozou da súa seguridade baixo paus fóra de Mareo.

Con esta fichaxe, xa son un total de sete os reforzos do Celta B esta tempada.

RC Celta

Etiquetas

Novas celta b

Noticias recomendadas