Imagen de WhatsApp 2025-01-14 a las 10.30.06_ff9c7601
Fundación

“Cielo y Arena”: Un documental da Fundación Celta e a Fundación García Chillón Orlando sobre o poder transformador do fútbol en Senegal

RC Celta
    • · A Fundación Celta presenta con este documental parte das liñas mestras recollidas no seu recente “refundación”: transformar a realidade dos mozos para alcanzar o éxito, dentro ou fóra do fútbol.
      · A maxia e a forza do fútbol poden cambiar vidas. Baixo esta premisa o RC Celta presenta un documental que visibiliza o labor da Fundación García Chillón Orlando e da Fundación Celta na formación e creación de oportunidades de desenvolvemento para centos de nenos, nenas e mozas de Senegal.
      · A Fundación García Chillón Orlando, creada no ano 2021, ten como obxectivo mellorar a vida das persoas mediante iniciativas no deporte, a infancia e a inclusión· “Cielo y Arena”, un documental producido por CeltaMedia, se preestrena o vindeiro xoves 23 ás 19.00h. nos Cinemas Tamberlick de Vigo. Os afeccionados con Carné Celtista poden participar no sorteo de invitacións para este evento.

A maxia e a forza do fútbol pode cambiar vidas. E non só dos que chegarán á elite, senón de todos os que, a través da formación e a educación, poden construír un futuro mellor. Esta é a premisa de partida de “Cielo y Arena: la oportunidad de soñar’. Un documental de CeltaMedia sobre o extraordinario labor da Fundación García Chillón Orlando e a Fundación Celta en Senegal.

Unha inspiradora historia que narra a apertura de dúas escolas de fútbol por parte de ambas as entidades nas rexións de Cap Skirring e Oussouye. O documental recolle a posta en marcha dun proxecto que entende o deporte como unha plataforma de cambio, unha ferramenta para transformar a realidade de centos de mozos e as súas familias, asegurando que cada un deles teña unha opción real de éxito, xa sexa no fútbol ou fóra del.

Rodado integramente en Senegal, “Cielo y arena” é o primeiro documental de longa duración producido por CeltaMedia e en formato cinema. Dirixido por Gerardo Campero, trátase dun paso máis na creación de contidos do club que busca ir máis aló das nosas fronteiras lanzando un incrible tributo ao poder de superación dunha comunidade.

Este proxecto pon de manifesto boa parte da estratexia da renovada Fundación Celta, apostando polo desenvolvemento, crecemento persoal e a formación de nenos, nenas e mozas a través do fútbol, que funciona como un poderoso dinamizador para o cambio.

Pola súa banda, a Fundación García Chillón Orlando, creada en 2021 por Enrique García Chillón e a súa familia, busca mellorar a vida das persoas e fomentar unha sociedade con igualdade de oportunidades mediante iniciativas no deporte, a infancia e a inclusión.  Desde a entidade viguesa destacan que as escolas das que son impulsores como as Celta Academy en Senegal, India e Perú, ”son un exemplo de como o deporte pode servir como unha ferramenta social efectiva”.

A presentación de “Cielo y Arena: la oportunidad de soñar’” terá lugar o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, ás 19:00h nos Cinemas Tamberlick, no Centro Comercial Praza Elíptica. Unha xornada moi especial que o RC Celta desexa compartir co celtismo polo que todas aquelas persoas interesadas en asistir á presentación terán a oportunidade de anotarse para obter unha entrada dobre. O prazo de inscrición xa está aberto AQUÍ e estará dispoñible ata o día 19 de xaneiro ás 23:59h. No caso de que haxa máis rexistrados que prazas dispoñibles, as entradas sortearanse entre os participantes. Os gañadores serán notificados vía email o vindeiro luns, 20 de xaneiro.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación

Noticias recomendadas