20230127_ClementeMontes_3
Celta b

Clemente Montes apontoa a liña de ataque do Celta B

RC Celta

O Celta B reforza a súa liña de ataque coa chegada de Clemente Montes, cedido, con opción de compra, pola Universidad Católica. O extremo nado no ano 2001 atesoura unha carreira deportiva que transcorreu nos Cruzados, onde xogou 38 partidos e marcou cinco goles entre o campionato doméstico e a Copa Liberadores.

Clemente José Montes Barroilhet (Vitacura, 25/04/2001) é un xogador con características de extremo vertical, con gran calidade e velocidade, capaz de xogar en ambos perfís do campo. Aos seus 21 anos, Montes xa é internacional absoluto con Chile, selección coa que tamén foi convocado en categoría sub-23.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas