A última semana do ano 2021 xa poderás gozar dunha nova edición dos Clínics de Nadal Fundación Celta by Cabreiroá que, durante tres días, se levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 27, martes 28 e mércores 29 de decembro.
As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:
- A MADROA (Vigo) – Luns, martes e mércores. Martes inclúe Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ para os porteiros.
- MONTEPORREIRO (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
- PABELLON OURENSE (Ourense) – Luns e martes.
- VIANA DO BOLO (Ourense) – Martes e mércores.
- DUMBRÍA (A Coruña) – Luns e martes.
- AGUIÑO-RIBEIRA (A Coruña) – Martes e mércores.
Para porteiros…
- Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en A MADROA (Vigo) – Martes
- Batalla de Porteiros SERGIO ÁLVAREZ en CAMBADOS (Pontevedra) – Mércores
Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos adestradores da canteira do RC Celta, equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores mozos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional. Un AGASALLO DE NADAL excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do futbol e do RCCelta
E todo baixo o control dun Protocolo COVID segundo as medidas restritivas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas, que xa temos en práctica todo o ano co resto de actividades deportivas organizadas (escolas de futbol, adestramentos da canteira, campus de verán…) e con extraordinarios resultados.
As inscricións estarán abertas desde o Luns 13 de decembro, anótate canto antes xa que as prazas son LIMITADAS: peche de inscricións domingo 26 de decembro ás 14:00h do mediodía. A través da propia web da Fundación Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.
Máis de vinte anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.