Resultados 2021-2022
A Canteira

Horarios da canteira do RC Celta (4 e 5 de decembro)

RC Celta

A fin de semana da canteira comezará este sábado coa visita do Alevín A Ás 11:00 na cancha do ColeGio Hogar SR. Será o único horario matutino, pois a actividade futbolística continuará ás 16:00 co duelo do Xuvenil B ante o Porriño Industrial FC en O Lourambal na xornada 12 de Liga Nacional. Media hora máis tarde recibirá o Xuvenil A o Real Avilés CF en A Madroa na décimo cuarta xornada de División de Honra; idéntico horario para un Infantil A que xoga un amigable contra o Cadete B da UD Santa Mariña ás 16:30 en Cotogrande.
O domingo arrincará co duelo do Cadete A ante o Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales ás 10:00 na décima xornada de División de Honra. Ás 11:00, o Benxamín B xogará en Monte da Mina contra o Rápido Pereiró CF B, mentres que unha hora máis tarde o Celta C – Gran Peña recibirá ao CD Ribadumia en Barreiro na décima xornada de Preferente Sur e o Infantil B enfrontarase ao Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales. Por último, o Celta B pechará a fin de semana rendendo visita á Cultural e Deportiva Leonesa no Reino de León ás 17:00.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas