celta integra NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

Comeza unha nova tempada para o Fundación Celta Integra

RC Celta

Os 27 integrantes do combinado celeste arrancaron con moitas ganas a nova pretempada, que se desenvolverá cunha única sesión semanal de 16:00 a 17:15 horas. O estadio Abanca Balaídos será o escenario provisional á espera de poder retomar a actividade nas instalacións deportivas de A Madroa nos días e horarios habituais (luns e xoves de 16:00 h a 17:30 h).

Aínda que de momento non está previsto retomar ningún tipo de competición a curto prazo, nin por parte da Federación Galega de Deporte Adaptado a través da Liga Galega de Fútbol Sala, nin como pola Fundación LaLiga a través de LaLiga Genuine Santander. Estímase volver á actividade habitual no ano 2021, aínda sen data determinada por parte de ambas entidades. Foméntase a volta aos adestramentos a través de diferentes propostas e actividades.

Dentro deste inicio, tódolos integrantes do equipo deberán adestrar seguindo de maneira estrita un protocolo de seguridade e prevención pola crise sanitaria do COVID-19. Se respectan tódalas medidas de prevención e seguridade recomendadas como limpeza e desinfección de calzado, toma de temperatura, adestramento sen contacto, distancias recomendadas, non uso de vestiarios e duchas, uso obrigatorio da máscara, etc.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Integra gl

Noticias recomendadas