PRESENTACIÓN SEDE CASTRILLÓNFOTO HORIZONTAL 378 X 250 PX
Campus gl

Continúan as presentacións do Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá

RC Celta

As inscricións aos Campus de Verán Fundación Celta 2024 avanzan a moi bo ritmo e consecuencia diso é o prematuro peche de varias sedes xa coas prazas esgotadas: Colexio Compañía de María en Santiago, primeira semana no pavillón de Ourense, Palas de Rei, C.D. Raíces- Castrillón, Marcón e Perfeccionamento F11 na Madroa.

Varias sedes máis xa están ao bordo de esgotar as prazas por tanto é importante non despistarse e anotarse canto antes para asegurar a praza.

Ao mesmo tempo que avanzan as inscricións continuamos coas últimas presentacións. En Palas de Rei presentouse no propio campo municipal coa presenza do presidente do Palas CD.

En Santiago estivemos na sede do club Victoria FC co seu presidente e coordinador deportivo presentando as 2 modalidades de campus, tanto o feminino como o mixto.

Moi preto de Vigo presentamos a primeira edición do campus co C.D. Choco de Redondela, onde ademais do director da Fundación, Germán Arteta, tamén estiveron presentes a presidenta do club e o concelleiro de deportes. Todas as partes coinciden no ilusionante que será esta actividade para todos os nenos/as do Concello de Redondela habitado por moitos celtistas.

E por últimos estivemos no Concello asturiano de Castrillón onde da man do CD Raíces poñemos en marcha unha nova sede, representantes do club e do Concello recibíronnos cos brazos abertos e enormemente satisfeitos de poder poñer o nome do RC Celta vinculado ao seu club e concello:  a aceptación foi tan espectacular que en menos dunha semana cubríronse todas as prazas.

Como novidade a primeira edición do campus AS CELTAS, con sedes na Madroa, Mos e Santiago con Victoria CF, xa están en marcha e evolucionan a moi ben ritmo. Consulta de información e inscricións para campus AQUÍ.

Sede Palas de Rei

Sede Victoria FC

Sede CD RaícesCastrillón

Sede CD Choco

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas