Para a nova tempada o RC Celta fixo unha firme aposta pola súa base, tanto coa incorporación dun novo equipo, o Celta C-Gran Peña, como coa confección dun plantel de técnicos de alto nivel que guiarán o desenvolvemento e progresión dos mozos xogadores.
Celta B: continuidade no corpo técnico do primeiro filial do club, que tras unha magnífica tempada conseguiu o ascenso a 1ª RFEF. Onésimo proseguirá a súa labor axudado por Diego Santos como 2º adestrador, Christian Fernández como preparador físico, Gael Martínez como adestrador de porteiros e Manu Vilasboas como analista.
Celta C – Gran Peña: Srdan Bajcetic, antigo xogador e técnico do Club, será o encargado de dirixir este novo equipo. Como 2º adestrador contará con Joserra Pardo, quen volve a casa tras o seu paso pola Gran Peña. A preparación física correrá a cargo de Gonzalo Lijó.
Xuvenil A: Claudio Giráldez toma a substitución de Jorge Cuesta como técnico do Xuvenil A. Ao seu lado, igual que na tempada anterior no Xuvenil B, estarán Rubén López “Tubo” e Dani Núñez, como segundo adestrador e preparador físico respectivamente.
Xuvenil B: contará como adestrador cunha das novas incorporacións á canteira. Alfredo Álvarez “Fredi” regresa tras unha importante carreira en equipos de 2ºB. Ademais de dirixir ao Celta B na tempada 2014/2015, destaca a súa labor noutros equipos da categoría como o Compostela, Izarra e Boiro. Acompañarano Víctor González como 2º adestrador e Vicente de Deus como preparador físico.
Cadete A: outra das novidades na canteira será Alberto Suárez, procedente do equipo xuvenil do CD Choco. Xunto a Alberto, o equipo que competirá na máxima categoría do fútbol cadete contará con Salva como 2º adestrador e Jorge E. Malingre como preparador físico.
Cadete B: Álex Calvo, do mesmo xeito que a tempada anterior, continuará ao mando do equipo da liga galega cadete. A preparación física correrá a cargo de Lázaro Mouriño.
Infantil A: outro dos equipos que apostan pola continuidade da figura do adestrador é o Infantil A. Santos Fonterigo, estará acompañado por Alberto Soriano e Diego Giménez.
Infantil B: tras un ano no equipo Alevín B, Juan Carballo toma o mando do segundo equipo Infantil. Ao seu lado estará Jordi Fernández.
Alevín A: Juan Recondo, repite como adestrador do Alevín A. As novidades neste equipo prodúcense nos seus acompañantes, que serán este ano, Álex Abalde e David Ferreiro.
Alevín B: Iván Fernández como adestrador e Alberto Soriano como segundo adestrador, serán os encargados de formar aos alevíns procedentes do equipo Benxamín A
Benxamín A: Borja Portas, tras varios anos de experiencia no Benxamín B, pasa a ser o adestrador dos benxamíns de segundo ano. Ao seu lado contará coa axuda de Álex Calvo.
Benxamín B: un ano máis, a canteira terá como responsable dos máis novos a Simón Gonzalez. Este ano acompañarao Edi Valverde, adestrador procedente da ED Val Miñor.