20211205_CulturalLeonesaVsCeltaB_2
Celta b

O Celta B regresa á senda da vitoria en León (0-1)

RC Celta

Gran vitoria do Celta B na súa visita ao campo da Cultural y Deportiva Leonesa no partido correspondente á décimo quinta xornada de Liga no Grupo I de Primeira RFEF Footters disputado no Reino de León. Un partido no que, tras adiantarse no marcador cun gol temperán, os de Onésimo farían un partido moi meritorio para sumar tres puntos moi importantes a domicilio.
O partido comezou de maneira inmellorable. Un contragolpe ganduxado entre Gabri Veiga e Lautaro permitiu a este poñer un centro preciso ao segundo pau para que Alfon sorprendese á defensa local para facer o 0-1. Unha primeira parte na que o Celta B foi o claro protagonista e mesmo puido aumentar a súa vantaxe cun zapatazo de Holsgrove dende fóra da área que se foi ao pau esquerdo no ecuador do primeiro tempo. Javi Gómez, sen éxito no remate, tentaríao minutos máis tarde.
Tras o descanso, a Cultural Leonesa mellorou as súas prestacións e estivo preto de empatar cun disparo do excéltico Alberto Solís, pero Gaizka estivo moi áxil para desviar a saque de esquina. Pouco despois respondía o conxunto celeste cun novo disparo ao pau, esta vez de Alfon, que estivo preto de facer o 0-2 ao contragolpe. Un Celta B que, a pesar dos intentos dos locais, tan só tivo que sufrir un disparo dentro da área pequena despois dunha xogada embarullada, onde novamente Gaizka aparecía para salvar o empate.
Despois deste triunfo, o segundo equipo céltico ascende ata a undécima posición con 22 puntos no seu haber. O Celta B medirase na décimo sexta xornada de Liga ao CF Talavera de la Reina o vindeiro domingo 12 de decembro ás 12:00 en Barreiro.

FICHA TÉCNICA

0 – CULTURAL Y DEPORTIVA LEONESA: Dani Sotres; Riki Mangana (Empis, min. 84), Amelibia, Rodri Suárez, Castañeda; Moreno, Alberto Solís (Klinar, min. 70), Cerrajería (Javi Fernández, min. 46); Aarón Piñán, Ander Vitoria (Ketu, min. 70), Nahuel (Percan, min. 46).

1 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Carrique, Javi Castro, Álex Martín, Diego Pampín; Carbonell, Holsgrove; Alfon (Medrano, min. 88), Gabri Veiga (Carlos Beitia, min. 75), Javi Gómez (Miguel Rodríguez, min. 75); Lautaro (Fabrício, min. 82).

Gol: Alfon (0-1, min. 1).

Árbitro: González Díaz, do colexio asturiano. Amonestou a Castañeda, Nahuel, Riki Mangana y Romano, da CyD Leonesa, e a Javi Castro, Javi Gómez, Álex Martín e Medrano, do Celta B.

Campo: Reino de León (3.711 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas