Fortuna1
Celta Fortuna

Demasiado castigo para un Celta Fortuna valente ante o Eibar (0-4)

RC Celta

O Celta Fortuna encaixou ante o Eibar unha derrota demasiado ampla para visto sobre o terreo de xogo de Abanca Balaídos. Os armeiros aproveitaron as súas primeiras catro chegadas para sentenciar un partido no que erros puntuais marcaron a diferenza.

O filial celeste reaccionou tras o descanso e foi claramente superior en xogo e ocasións. Terminou con 24 remates, nove entre os tres paus, pero non atopou o gol ante un Eibar que se mostrou eficaz e ben ordenado.

Fredi Álvarez aproveitou a segunda parte para dar entrada a Vlad Silva, segundo xuvenil en debutar en Segunda División, que sorprendeu polo seu bo facer ofensivo e nas súas botas estiveron algunhas das mellores ocasións dos últimos compases do encontro. Un encontro que foi subindo de ton co paso dos minutos e que acabou coa sorprendente expulsión do técnico celeste por dobre amarela.

O 0-4 é un resultado cruel para un equipo que o intentou absolutamente todo ata o asubío final. Agora toca seguir remando nunha categoría de pura aprendizaxe. O Celta Fortuna visitará á UD Almería o vindeiro domingo, 20 de setembro ás 18.30 horas, no Estadio dos Xogos Mediterráneos.

FICHA TÉNICA:

0 – Celta Fortuna: Coke; Alexis Olmedo (Hugo Cuenca, min. 31), Quique Ribes (Pablo Meixús, min. 68), Anxo Rodríguez; Germain Milla (Pablo Gavián, min. 46), Mateo Sobral (Vladimir, min. 46), Cadpevila, Joel López; Óscar Marcos, Álvaro Marín (Bernard Somuah, min. 68) e Ángel Arcos.

4 – SD Eibar: Magunagoitia; Cubero (Pejiño, min. 66), Arana, Elgezabal, Arbilla; Macía, Aleix Garrido; Edu Ares (Rodríguez, min. 47), Magunazelaia (Gil, min. 59), Guruzeta (Gift, min. 86) e Bautista (Martón, min. 59).

Goles: 0-1, min. 8: Magunazelaia. 0-2, min. 12: Propia porta. 0-3, min. 19: Guruzeta. 0-4, min. 42: Guruzeta.

Árbitro: Manuel Ángel Pérez (Comité Madrileño). Por parte do Celta Fortuna amoestou a Milla, Capdevila e Pablo Meixús. Ademais, expulsou por dobre amarela ao técnico, Fredi Álvarez. Mentres da SD Eibar, viron cartolina amarela Adu Ares, Cubero, Elgezabal e Arbilla.

Incidencias: Partido correspondente á quinta xornada de LaLiga Hypermotion disputado en Abanca Balaídos ante 4.582 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Celta Fortuna

Noticias recomendadas