Tras o descanso, os pupilos de Fredi Álvarez tentaron reaccionar, pero a falta de precisión nos metros finais e a solidez defensiva do cadro biscaíño limitaron as opcións celestes. As chegadas á área local foron escasas e pouco perigosas por parte dos pupilos de Fredi Álvarez. Unha imaxe que contrastou durante o segundo tempo coa que deu un Sestao River que seguiu cómodo na súa formulación e atopou a sentenza co gol de Sergi García nos minutos finais, rubricando un resultado que reflectiu a superioridade local.
Con esta derrota, o Celta Fortuna pecha 2024 na zona media da táboa, aínda preto dos postos de playoff. Os vigueses retomarán a competición o próximo 11 de xaneiro, cando recibirán en casa ao filial da Real Sociedad, coa esperanza de corrixir erros e volver á senda da vitoria.
FICHA TÉCNICA:
2 – Sestao River: Iago Herrerín, Adri Gómez, Alfred Planas (Leandro, min 63), Gorka Garai, Ion Etxaniz, Barandilla, Bustillo (Sergi, min 80), Córdoba (Martín, min 91, Adri Miranda (Cordero, min 91), Etxeberria (Aznar, min 80) y Efremov.
0 – Celta Fortuna: Coke; Gael Alonso, Yoel Lago, Manu Fernández; Gavián (Sergio Díez, min 61), Burcio (Vicente, min 84), Garriel (Barreiros, min 61), Tincho; Ángelito Arcos (Yoel Crespo, min 71), Johan y Óscar Marcos (Conde, min 46).
Goles: 1-0, min 26: Asier Córdoba. 2-0, min 87: Sergi García.
Árbitro: Irurtzun Artola. Cartóns amarelos para os locais Efremov e Adri Gómez; e para o visitante Yoel Lago.
Incidencias: Partido correspondente á décimo octava xornada de Primeira Federación disputado no campo de Las Llanas.