O traballo e o esforzo non faltaron por parte dos xogadores adestrados por Onésimo na xornada 5 da Primeira RFEF Footters, pese a caer derrotados 1-0 fronte ao CD Calahorra.
Os primeiros minutos do partido marcaron un ritmo moi parello entre ambos os conxuntos, sen chegadas claras a ningunha das dúas portarías.
Nunha das poucas ocasións das que gozou o conxunto local na primeira parte non perdoou, adiantándose no marcador cun gol de Jorge no minuto 41 de partido.
Tras o descanso foi o equipo celeste o controlador do partido, movendo a pelota ao ritmo que máis lle interesaba, producíndose algunha xogada clara de gol.
Aínda que o conxunto local tamén seguiu insistindo e puido gozar dalgunha xogada para sentenciar o partido.
Finalmente e con demasiadas interrupcións no xogo, o filial celeste non puido conseguir o empate a pesar do seu esforzo.
Toca pensar xa no seguinte partido, en casa fronte á UD Zamora, nun encontro correspondente á xornada 6 da Primeira RFEF Footters en Barreiro.
FICHA TÉCNICA
1 – CD CALAHORRA: Iricibar, Titi, Ugarte, Vicente, Arias, Cera, Jesús Álvarez, Tarsi, Jorge, Jon Madrazo e Eneko Zabaleta.
0 – RC CELTA B: Gaizka Campos, Pampín,Castro, Álex Martín, Medrano, Beitia, Carbonell, Gabri Veiga, Iker Losada, Alfon e Cedric.
Árbitro: Armando Ramo Andrés do colexio aragonés
Campo: La Planilla