Os atacantes Dennis Eckert e Víctor Pastrana, xogadores do Celta B, comezarán a pretempada baixo as ordes do adestrador Antonio Mohamed o vindeiro luns 9 de xullo na Madroa. Os futbolistas do filial celeste iniciarán o traballo de preparación xunto ao plantel de xogadores da 2017/18 que continúa na nómina celeste, os cedidos que regresan á disciplina do club vigués e as novas incorporacións (Juncá, Araujo e Okay; ademáis dos canteiráns Kevin e Juan Hernández).
Só faltarán ao primeiro día de adestramento, con permiso do club, os mundialistas Iago Aspas, Pione Sisto e Maxi Gómez.