20240907_FortunavsArenteiro_138
Celta Fortuna

Empate sen goles en Abanca Balaídos | Celta Fortuna 0 – 0 Arenteiro

RC Celta

O Celta Fortuna enfrontouse ao Arenteiro en Abanca Balaídos, choque correspondente á xornada 3 de Primeira Federación Versus e-Learning. Un encontro no que o conxunto de Fredi Álvarez foi de menos a máis, pero non logrou a recompensa que buscaba.

Nos primeiros compases do partido un tanto espesos para o equipo celeste, o Arenteiro aproveitaba esa debilidade para achegarse perigosamente á portería de Marc Vidal, pero o gardameta villarrealense soubo atallar os ataques. Conforme ían pasando os minutos, o Celta Fortuna ía aumentando a súa intensidade e posesión do balón, deixando case sen opcións ao conxunto de Rubén Jardiel.

Nunha segunda parte dominada polo conxunto celeste, as mellores ocasións tivéronas Yoel Lago, de cabeza tras un centro de Tincho, e Fer López cun disparo cruzado que a punto estivo de darlle o primeiros tres puntos da tempada ao filial celeste.

En definitiva, un derbi galego típico, con moita intensidade e do que, a pesar de que nos deixa sen ese ansiado premio, podemos facer unha análise xeral moi positiva xa que, a medida que foi avanzando o encontro, os pupilos de Fredi Álvarez conseguiron deixar totalmente sen opcións ao equipo rival. Moi positivo tamén o nivel que, semana a semana, continúan mostrando sobre o terreo de xogo moitos xogadores aínda en idade xuvenil como Ángel Arcos, Pablo Gavián ou Andrés Antañón, nesta ocasión.

A seguinte cita do calendario de Primeira Federación fará parada nas Instalacións de Tajonar (Pamplona), onde o Celta Fortuna desprazarase para enfrontarse ao Osasuna Promesas, o vindeiro domingo 15 de setembro ás 19:30h.

FICHA TÉCNICA:

0 – Celta Fortuna: Marc Vidal; Sergio Díez (min. 65, Pablo Gavián), Manu Fernández, Yoel Lago, Pablo Meixús (min. 65, Gael Alonso), Tincho; Dela (min. 70, Andrés Antañón), Miguel Román; Fer López, Jordi Escobar e Johan Guedes (min. 65, Ángel Arcos).

0 – Arenteiro: Diego García; Jordán, Joao Días, Javi Moreno, Iano Simao; Mangel, Tarsi Aguado (min. 80, Curro), Martín Solar; Diego Gómez (min. 80, Nacho Ramón), Martín Baselga (min. 68, Enol) e David Ferreiro.

Árbitro: Jaime Ruiz Álvarez (Comité Asturiano). Amoestou con tarxeta amarela a Fer López e a Tincho do Celta Fortuna; e a Ioano Simao por parte do Arenteiro.

Incidencias: Xornada 3 do Grupo 1 de Primeira Federación disputado no estadio Abanca Balaídos ante 5.500 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas