imagen destacada escuela de MIUDIÑOS
Escolas

En marcha A Escola de Miudiños da Fundación Celta

RC Celta

Desde este novo curso 2021-2022 teremos unha Escola de Fútbol específica para os máis pequenos, para todos os celtistas que queren empezar a dar as súas primeiras patadas ao balón da man do RC Celta. Son os nosos MIUDIÑOS e queremos que formen parte do noso gran club desde tan pequenos: para nenos/ as nados en 2016 ou 2017.

 

Co fin de que estean máis protexidos das inclemencias metereolóxicas habemos optado por levar a cabo a actividade nun pavillón polideportivo onde poidan asistir sempre sen importar se chove, vai frío… Estaremos no Pavillón do Colexio Marcote en Puxeiros-Vigo.

 

Ademais esta nova Escola ten a particularidade de que ten a posibilidade de competición para todos aqueles que o desexen. Por tanto hai 2 modalidades:

 

– Só adestramentos: poden asistir mércores e/ou venres en horario de 17:45 a 18:45h.

– Adestramentos e competición: deben asisitir mércores e venres en horario de 17:45 a 18:45h, ademais de partidos os sábados (3 días)

 

Iníciache no fútbol da man da Fundación Celta!

 

INSCRÍBECHE AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas