imagen destacada escuelas de futbol 22_23
Escolas

En marcha as Escolas de Fútbol da Fundación Celta 2022-2023

RC Celta

A partir do mes de SETEMBRO poñerase en marcha unha nova tempada das ESCOLAS DE FÚTBOL FUNDACION CELTA con diferentes tipos de Escolas e en diferentes Sedes repartidas por toda a xeografía galega, para que todos os novos futbolistas teñan a oportunidade de formarse futbolísticamente da man do RC Celta.

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos técnicos da canteira do RC Celta, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral tan importante nas idades dos nenos/as aos que van dirixidas as nosas escolas de fútbol.

Como gran novidade este novo curso ofrecemos a posibilidade de competición federada coa nosa ESCOLA DE FÚTBOL DE VIGO (para A Madroa, COIA e COLEXIO MARCOTE), con fútbol sala para a categoría de biberóns e fútbol 8 para as categorías de prebenjamines, benjamines e alevíns (consulta a información detallada na pestana de COMPETICIÓN da información de ESCOLAS NACIONAIS na nosa web).

Un ano máis daremos continuidade á ESCOLA DE PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ que o curso pasado iniciamos con enorme éxito e proba diso foi que enseguida que esgotaron todas as prazas dispoñibles, inscríbeche canto antes e goza dos consellos de Sergio no campo.

As inscricións están abertas desde o 18 de Agosto. Consulta a información detallada na nosa web, elixe a ESCOLA DE FÚTBOL que se adapta mellor ás túas preferencias e anótache canto antes para garantir a túa praza, xa que as prazas son limitadas.

 

ESCOLAS E SEDES.

As Escolas e Sedes confirmadas ata a data son as seguintes.

VIGO

Escola de FÚTBOL na Madroa. Instalacións Deportivas da Madroa.

Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres.

De 17:30 a 18:30h.

Do 12 de Setembro do 2022 ao 20 de Xuño do 2023, segundo calendario escolar.

Para nenos/as nados entre 2009 e 2018, ambos os incluídos.

NOVIDADE – Posibilidade de competición federada para nenos/as NON federados noutros clubs.

 

Escola de FÚTBOL en COIA. Campo Federativo de Coia.

Martes e Xoves.

Dúas quendas: (horarios aproximados pendentes de confirmación)

-De 17:00 a 18:15h a primeira quenda.

-De 18:15 a 19:45h a segunda quenda.

Do 12 de Setembro do 2022 ao 20 de Xuño do 2023, segundo calendario escolar.

Para nenos/as nados entre 2009 e 2018, ambos os incluídos.

NOVIDADE – Posibilidade de competición federada para nenos/as NON federados noutros clubs.

 

Escola de MIUDIÑOS. Pavillón Polideportivo do Colexio Marcote en Puxeiros-Vigo.
Miercoles e Venres.

De 17:45 a 18:45h.

Do 12 de Setembro do 2022 ao 20 de Xuño do 2023, segundo calendario escolar.

Para nenos/as nados en 2017 ou 2018.

Inclúe COMPETICIÓN FEDERADA en fútbol sala.

 

Escola de PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ. Instalacións Deportivas da Madroa

Luns e Martes.

De 17:30 a 18:30h.

Do 12 de Setembro do 2022 ao 20 de Xuño do 2023, segundo calendario escolar.

Para nenos/as nados entre 2009 e 2016, ambos os incluídos.

NOVIDADE – Posibilidade de competición federada para nenos/as NON federados noutros clubs.

 

Escola GENUINE. Instalacións Deportivas da Madroa

Martes e Mércores.

De 16:00 a 17:30h.

Do 12 de Setembro do 2022 ao 20 de Xuño do 2023, segundo calendario escolar.

Para nenos/as con discapacidade intelectual entre 8 e 16 anos, ambos os incluídos.

 

PONTEVEDRA

Escola de TECNIFICACIÓN en MOAÑA. Campo CEIP REIBÓN – A Xunqueira (Moaña)

Venres.

Dúas quendas:

-De 17:45 a 19:00h a primeira quenda, para nenos/as nados entre 2016-2013

-De 19:00 a 20:15h a segunda quenda, para nenos/as nados entre 2012-2009

Os horarios definitivos e repartición de categorías por grupos dependerá do número de rexistrados por categoría e do número de grupos.

Do 1 de Outubro do 2022 ao 31 de Maio do 2023, segundo calendario escolar.

 

Escola de TECNIFICACIÓN en CAMBADOS. Campo de fútbol O POMBAL (Cambados)

Luns.

Dúas quendas:

-De 18:00 a 19:15h a primeira quenda, para nenos/as nados entre 2013-2016

-De 19:15 a 20:30h a segunda quenda, para nenos/as nados entre 2009-2012

Os horarios definitivos e repartición de categorías por grupos dependerá do número de rexistrados por categoría e do número de grupos.

Do 1 de Outubro do 2022 ao 31 de Maio do 2023, segundo calendario escolar.

 

Coruña

Escola de TECNIFICACIÓN en PRAIÑA. Campo de fútbol Juan Amado (Reis-Teo)

Martes.

Dúas quendas:

-De 17:30 a 18:45h a primeira quenda, para nenos/as nados entre 2013-2016

-De 18:45 a 20:00h a segunda quenda, para nenos/as nados entre 2012-2009

Os horarios definitivos e repartición de categorías por grupos dependerá do número de rexistrados por categoría e do número de grupos.

Do 1 de Outubro do 2022 ao 31 de Maio do 2023, segundo calendario escolar.

 

 

 

IMPORTANTE: estas sedes levarán a cabo a condición de que se complete o número mínimo de nenos/as acordado para cada unha das sedes. A medida que se vaian concretado máis sedes informarase inmediatamente das mesmas.

 

Para obter máis información e realizar inscricións accede á seguinte ligazón.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Escolas Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas