Xa están en marcha as presentacións dos Campus de verán Fundación Celta by Cabreiróa 2022. Tras a presentación inicial dos campus de Vigo que se levou a cabo na Cidade Deportiva Afouteza coa presenza de Hugo Mallo, as seguintes presentacións corresponderon ás sedes de Ares, Oroso e Escola Denis Suárez.
En Ares, ademais de Germán Arteta e Manu Gómez como representantes da Fundación Celta, estiveron presentes Julio Iglesias, alcalde do Concello de Ares, Abraham Yáñez, delegado territorial da Federación Galega de Fútbol en Ferrol, e Jorge representando á directiva do Club Numancia de Ares. Tanto o alcalde como o resto de presentes mostraron a súa gran satisfacción por volver contar un verán máis co campus que xa alcanza o seu décimo primeira edición cun éxito continuo.
En Oroso acompañounos Luis Rey, alcalde do Concello de Oroso, e Antonio Leira, conselleiro de deportes, que xunto ao Club Xuventude de Oroso colaboran un ano máis na realización deste campus como parte do convenio que RC Celta e o club de Oroso veñen mantendo con estreitas relacións.
En Salceda de Caselas tocoulle a quenda ao campus que a Fundación Celta organiza da man da Escola de Denis Suárez e que con tan gran éxito desenvolveuse o verán pasado con mais de 100 nenos/as que gozaron ao grande do mesmo. Neste acto estiveron presentes a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, o presidente da Escola, Ramón Suarez, o director deportivo da Escola, Gelo Martínez, e Denis Suárez, que tamén quixo estar presente para mandar unha mensaxe de ánimo a todos os nenos/as para que participen un anos máis no campus.
Presentación sede Oroso
Presentación sede Escola Denis Suárez
Presentación sede Ares
Presentación sede Ares