imagen destacada
Campus gl

En marcha os Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2021

RC Celta

A partir do luns 28 de xuño poderás gozar dunha nova edición dos Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá que durante seis semanas sen interrupción levarán a cabo por diferentes sedes repartidas por toda a xeografía galega.

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando cos técnicos da canteira do RC Celta, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación integral, e moita diversión.

E todo baixo o control dun protocolo COVID, segundo as medidas restritivas marcadas polas autoridades sanitarias e deportivas que xa temos en práctica todo o ano co resto de actividades deportivas organizadas (escolas de fútbol, adestramentos da canteira,…) e con extraordinarios resultados.

As inscricións están abertas desde o 6 de maio. Anótate canto antes, xa que as prazas son limitadas.

 

SEDES, DATAS E HORARIOS

 

Todos os campus desenvolveranse desde as 9:45 ata as 13:45. Entre as 9:30 e as 9:45 levarán a cabo os protocolos de entrada e entre as 13:45 e as 14:00 levarán a cabo os protocolos de saída.

As sedes confirmadas ata a data son as seguintes:

 

  • VIGO
    • A Madroa (Instalacións Cidade Deportiva A Madroa)
    • Do 28 de xuño ao 3 de xullo

Do 5 ao 10 de xullo

Do 12 ao 17 de xullo

Do 19 ao 24 de tullo

Do 26 ao 31 de xullo

Servizos adicionais: Plan madruga, fotos, comedor e autobús

 

Coia (Campo Federativo de Coia)

Do 5 ao 9 de xullo

Do 12 ao 16 de xullo

Servizos adicionais: plan madruga e fotos

 

 

PONTEVEDRA

    • Los Sauces Pontevedra (Campo de Campañó)
    • Do 5 ao 9 de xullo
  • Servizos adicionais: consultar en colexio
    • A Estrada (Campo Novo Municipal de A Estrada)
    • Do 28 de xuño a 2 de xullo
    • Escola Denis Suárez (Campo Penedo Redondo, Salceda de Caselas)
    • Do 5 ao 9 de xullo
    • Colexio Marcote – Mondariz Balneario (Campo Municipal de A Lagoa, Mondariz)
    • Do 5 ao 10 de xullo
    • Servizos adicionais: Campus interno
  • Lalín (Campo Manuel Ánxo Cortizo)
  • Do 12 ao 16 de xullo
  • Val Miñor – Nigrán (Campo Municipal Condomínguez)
  • Do 12 ao 16 de xullo
    • Ribadumia (Campo de fútbol A Senra)
    • Do 26 ao 30 de xullo
    • LUGO

Monforte de Lemos (Campo Luis Bodegas)

Do 2 ao 6 de agosto

 

Mondoñedo (Campo Viñas da Veiga)

Do 12 ao 16 de xullo

 

Barreiros 

(Campo O Cascabeiro, San Cosme de Barreiros)

Do 2 ao 4 de agosto

(Campo de As Valgas, San Miguel de Reinante)

Do 5 ao 6 de agosto

 

 

  • A CORUÑA
    • Oroso – Sigüeiro (Campo Municipal Lino Balado)
    • Do 28 de xuño ao 2 de xullo
    • Ares (Campo Prados Vellos)
    • Do 19 ao 23 de xullo
    • Ribeira (Campo Municipal A Fieiteira)

Do 16 ao 20 de agosto

 

 

  • OURENSE
  • Pabellón Ourense (Campo Os Remedios).
  • Do 28 de xuño ao 2 de xullo NOVA DATA DISPOÑIBLE
  • Pabellón Ourense (Campo Os Remedios).
  • Do 5 ao 9 de xullo PRAZAS ESGOTADAS
    • Xinzo de Limia (Campo José Antonio Fernández)
    • Do 2 ao 6 de agosto

 

IMPORTANTE: estas sedes levaranse a cabo a condición de que a situación epidemiolóxica o permita e se complete o número mínimo de nenos/ as acordado para cada unha das sedes. A medida que se vaian concretado máis sedes informarase inmediatamente das mesmas.

 

Lembra que se o campus é un agasallo, podes solicitar a tarxeta regalo dixital en comunicacion@fundacioncelta.com ou chamando ao 986 213 676!

Para obter máis info sobre os campus accede á seguinte ligazón

Para tramitar a inscrición pica aquí

 

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas