O pasado domingo disputouse nas instalacións deportivas da Madroa unha nova xornada de competición amigable do noso grupo de adestramento MIUDIÑOS (nenos e nenas de 4-5 anos). Nesta ocasión disputaron un derbi de máxima rivalidade entre os nenos e nenas que adestran na nosa sede de Coia contra os que adestran en A Madroa.
Como sempre o resultado foi o de menos e todos eles triunfaron gozando ao grande dunha mañá de aprendizaxe futbolística, diversión e convivencia co resto de compañeiros. Ademais, todo eles foron acompañados por numerosos familiares que tamén o pasaron xenial animando e gozando de grandes momentos de fútbol, tomando nota da gran melloría que todos veñen experimentando a partir do proceso de adestramento que leva a cabo na escola de fútbol RC CELTA.
Foi unha enorme satisfacción compartir o día a día con todos eles nos adestramentos e comprobar as ganas que teñen de aprender, a paixón que mostran polo fútbol e a súa precoz afección cara ao RC CELTA.
Esta escola de fútbol MIUDIÑOS atópase en pleno funcionamento e preparada para seguir recibindo máis nenas e nenos ilusionados polo fútbol e polo club. A escola mantén a solicitude de inscrición aberta durante todo o ano, co fin de facilitar ao máximo calquera nova incorporación.
Non deixes pasar a oportunidade de empezar a xogar ao fútbol desde pequeno da man do RC CELTA!
Máis información aquí.