
O Celta Fortuna está a asinar unha tempada sobresaliente e, a falta de cinco xornadas para o final, así o demostrou ante o CP Cacereño cunha contundente vitoria en Abanca Balaídos. Os de Fredi Álvarez suman 60 puntazos no seu casilleiro cos que non só se afianzan na segunda praza, senón que se manteñen a seis puntos do liderado e consolidan a súa seria candidatura para os play-off de ascenso a Segunda División.
O partido púxose pronto de cara. O Fortuna saíu con personalidade, querendo o balón e marcando o ritmo. Aos dez minutos xa mandaba no marcador cun tanto froito da súa presión, presenza en campo rival e un centro perigoso que acabou en propia meta de Crespo. O gol non cambiou nada, porque os celestes seguiron dominando, movendo ao rival e buscando o segundo. Tívoo Hugo Burcio cun gran disparo ao escuadro que se estampou contra o traveseiro facéndose resoar en todo o estadio.
O Cacereño intentou reaccionar tras o descanso, adiantando liñas e apertando máis arriba. Durante uns minutos logrou incomodar a saída de balón do Fortuna, pero o partido terminou de romperse nunha acción que premia a insistencia do filial. Un erro do porteiro Quevedo termina cunha asistencia de Hugo González que Álvaro Marín enviou ao fondo da rede.
Co encontro xa encarrilado, aínda houbo tempo para presenciar o que probablemente sexa un dos golazos da xornada. Dela recollía un balón desde a frontal e colocábao no escuadro cun golpeo impecable.
Coa salvación matemática a un paso, o Celta Fortuna afronta agora unha semana crucial onde disputarán o derbi máis esperado da tempada ante o Pontevedra CF o vindeiro sábado, 25 de abril ás 16:15h., no Estadio Municipal de Pasarón.
FICHA TÉCNICA:
3 – Celta Fortuna: Coke; Pablo Gavián, Pablo Meixús, Anxo Rodríguez, Jan Oliveras (Quique Ribes, min. 77); Andrés Antañón (Dela, min. 67), Hugo Burcio, Capdevila (Ángel Arcos, min. 60); Hugo González (Khayat, min. 78), Álvaro Marín (Bernard Somuah, min. 67) e Óscar Marcos.
0 – CP Cacereño: Quevedo, Martínez (Conesa, min. 77), Javi Barrio, Crespo (Iván, min. 46), Joserra, Diego Gómez, Ajenjo (Alonso, min. 77), Guti (César Gómez, min. 71), Berlanga (Kaptum, min. 71), Palacio e Emi.
Goles: 1-0, min. 10: Crespo en propia porta. 2-0, min. 64: Álvaro Marín. 3-0, min. 81; Dela.
Árbitro: Crespo Puente. Mostrou cartón amarelo a Hugo Burcio e Bernard Somuah por parte dos celestes. Mentres que no conxunto estremeño, viron cartolina Barrio, Iván, Guti e Emi.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 33 de Primera Federación versus e-Learning disputado en Abanca Balaídos ante 1013 persoas.