Cincuenta e sete veciños do Club de Fútbol Carreira de Riveira visitaron este domingo o estadio de Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Xetafe dentro do programa ‘ Eurorrexión Celeste’. Representando ao Concello acudiu D.Francisco Sieira Fernández e representando ao club de fútbol D. José Torres .
A expedición visitou o Museo do RC Celta, onde recibiu o saúdo do Presidente D. Carlos Mouriño e o director da Fundación Celta D. Germán Arteta, e presenciou a pé de campo o quecemento dos equipos antes do encontro.