Eurorrexión Celeste recibe a visita do Concello de O Saviñao (Lugo)
RC Celta
Cincuenta e sete rapaces do Concello do Saviñao de Lugo coas súas Escolas Deportivas visitaron este sábado o estadio Abanca Balaídos e asistiron ao partido ante o Real Betis Balompié no marco do programa ‘Eurorrexión Celeste‘.
En representación da agrupación estiveron o alcalde da localidade, D. Carlos Armesto Quiroga, e o concelleiro de deportes, D. Jorge Rodríguez Álvarez.
A expedición visitou o Museo onde recibiron o saúdo do vicepresidente D. Pedro Posada e D. Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo, e presenciou o quecemento dos equipos antes do partido.