Durante o mes de maio a Fundación Celta levou a cabo un ciclo de charlas formativas para todos os adestradores de clubs convidos. O obxectivo foi achegar a nosa metodoloxía e abrir as portas da Canteira para ensinar o traballo diario desde diferentes perspectivas.
Nestas charlas, impartidas por técnicos da estrutura de categorías inferiores do club, tratáronse varios temas como a planificación e estruturación do adestramento, tanto en fútbol 8 como fútbol 11 e algunhas das pautas para seguir polos técnicos para a volta ao traballo despois deste parón ocasionado polo COVID-19.
Nesta primeira edición participaron activamente máis de douscentos adestradores de diferentes clubs co fin de coñecer o noso punto de vista e poder aplicalo cada un no seu contexto de club. O éxito da actividade axuda e empuxa á Fundación a seguir con estas actividades durante o futuro, apoiándonos na tecnoloxía como unha ferramenta máis para tentar axudar na formación dos adestradores dos clubs que compoñen unha estrutura importante dentro da Fundación, como son os clubs convidos.