CURSO TÉCNICOS NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Campus gl

Formación para técnicos no Salón Regio a cargo da Fundación Celta

RC Celta

A Fundación Celta, buscando a excelencia en todas as actividades que organiza, levou a cabo unha formación destinada aos técnicos que participarán nas diferentes sedes do Campus de Verán, na súa gran maioría adestradores das categorías inferiores do RC Celta e das Escolas Fundación Celta.

A acción, que se realizou presencialmente e por vídeoconferencia desde o Salón Regio, destacou a importancia do papel do adestrador como peza fundamental na formación dos mozos e mozas e na procura do bo desenvolvemento dos campus, xa que son os que se encargan de dirixir as tarefas e de interaccionar cos participantes. Tamén se lles lembrou cómo levará a cabo a organización semanal no campo, en canto a áreas de traballo, contidos, tarefas, etc.

A actividade, que tivo gran acollida por parte de todos os presentes, serviu de antesala de inicio do campus e transmitiu unha gran ilusión e ganas de vestirse de curto para o desenvolvemento dos adestramentos do día a día.

 

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Campus gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación

Noticias recomendadas