16-9
Celta Fortuna

Fredi Álvarez liderará o Celta Fortuna en LaLiga Hypermotion

RC Celta

Fredi Álvarez amplía a súa vinculación co Celta e continuará formando parte da estrutura do club ata xuño de 2028. Unha renovación que dá continuidade a un proxecto que fixo historia e que permitirá ao técnico celeste liderar o Celta Fortuna na súa estrea en LaLiga Hypermotion.

Esta campaña, Fredi volveu a demostrar a súa capacidade para sacar o máximo rendemento ao filial. Baixo a súa dirección, o Celta Fortuna logrou un fito sen precedentes ao clasificarse por primeira vez para a final do play-off de ascenso a Segunda División e culminar ese camiño co ascenso a LaLiga Hypermotion. Un éxito construído desde o traballo diario de todo o seu corpo técnico e o compromiso e confianza nun modelo que ten na Madroa a súa maior fortaleza.

Cunha longa traxectoria na estrutura do club, Fredi coñece como poucos o camiño que percorren os futbolistas da Canteira. A súa aposta por acelerar o crecemento do talento Feito na Madroa reflectiuse durante toda a tempada, dándolle a oportunidade a numerosos xogadores en idade xuvenil de debutar e consolidarse no Celta Fortuna, sempre co obxectivo de seguir achegándoos ao primeiro equipo.

Agora seguirá sendo o capitán deste “quebraxeos” nunha tempada histórica para o celtismo. O Celta Fortuna competirá por primeira vez en LaLiga Hypermotion coa mesma identidade que lle levou ata aquí: competir, formar e seguir facendo crecer o talento da casa.

A renovación de Fredi supón a continuidade dun adestrador que entende o club, que comparte os seus valores e que representa o sentimento de pertenza que define ao Celta. Unha peza fundamental para seguir construíndo o presente e o futuro da Madroa.

Parabéns, Fredi!

RC Celta

Etiquetas

Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas