A Fundación Celta e a Organización de Produtores de Pesca Fresca do Porto de Vigo (OPPF-4) asinaron esta mañá un convenio de colaboración para impulsar a campaña ‘Pescados de Primera’ co obxectivo de promocionar o selo Fresco & Salvaje. Esta campaña propúxose para realizar durante os anos 2024, 2025 e 2026, tomando como eixo principal os hábitos de vida saudables aliñados coa Fundación Celta e a OPPF-4. O selo Fresco & Salvaje busca resaltar os valores do produto deixando clara a procedencia do peixe e a importancia dunha alimentación sa.
No acto estiveron presentes Marián Mouriño, presidenta do RC Celta; Germán Arteta, director da Fundación Celta; Daniel Castro Gordejuela, presidente e membro da OPPF-4; Raquel Estévez, CEO financeira e corporativa de Sinerxia Consultora; Lorena Serrano, executiva de contas de Sinerxia Consultora; Mercedes Rodriguez, Subgerente OPPF4; e Luis Davila, Ilustrador, deseñador, humorista gráfico e pintor.
Coa firma deste documento e o inicio da campaña ‘Pescados de Primera’ (coa súa imaxe deseñada por Luis Davila) preténdese conseguir o impulso da marca no sector comercializador e distribuidor, a promoción do consumo de peixe fresco entre mozos de 6 a 30 anos e a promoción da marca e o consumo de peixe entre o público xeral.
O descenso de consumo de peixe entre os mozos é, actualmente, un foco de alarma social. Por iso esta campaña nace co obxectivo de concienciar aos mozos sobre a importancia de manter uns hábitos de vida saudables, que inclúan o consumo de peixe e a práctica do deporte, como piares para un crecemento óptimo físico e mental.
Dentro das accións que se van a desenvolver, inclúese unha degustación gratuíta do selo Fresco & Salvaje con produtos da OPPF-4 nun dos clínics que a Fundación Celta organiza cada ano en Nadal para nenos de 6 a 12 anos.
Por outra banda, Fresco & Salvaje tamén estará presente no Estadio de Abanca Balaídos nunha xornada do RC Celta, a través da emisión de vídeos nas pantallas e dunha degustación gratuíta nunha zona reservada do estadio con produtos da OPPF4.
Ademais, realizaranse visitas a centros escolares para charlar co alumnado sobre os valores do deporte e a saúde, aliñándonos unha vez máis coa promoción de hábitos de vida saudables que defenden a marca Fresco & Salvaxe e a Fundación Celta.