O presidente do RC Celta e da Fundación do club, Carlos Mouriño, e o rector da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, asinaron esta mañá no Salón Regio de A Sede, un convenio marco de colaboración que supón o inicio dun ilusionante camiño no que ambas institucións desenvolverán iniciativas formativas conxuntas, en especial relacionadas co mundo do deporte, de gran interese para a sociedade.
Entre os puntos que recolle o convenio destacan a organización e desenvolvemento de títulos propios vinculados especialmente ao ámbito do deporte e da xestión deportiva, a colaboración en actividades académicas das titulaciones oficiais da Universidade de Vigo ou a cooperación en todo tipo de proxectos culturais e deportivos de interese común.
Este convenio, que supón un avance innovador na relación entre o mundo académico e o do fútbol para a construción de proxectos e iniciativas formativas, terá unha duración de dous anos prorrogable.
Ao evento acudiron, ademais do presidente celeste e o rector, o director da Fundación, Germán Arteta, María José Moure, directora da Escola Aberta de Formación Permanente e Xabier Martínez Cobas, profesor titular de Universidade.