Hemeroteca canteira

Golazo de Hicham e quinto triunfo da tempada para o Celta B

RC Celta

hicham-celpont-1617.JPG

 

O Celta B continúa co seu espectacular arranque de tempada. Os de Menéndez venceron este domingo no campo do CD Lealtad por 0-1 cun tanto de fermosa factura obra de Hicham. O filial celeste comezou o encontro dominando e antes do descanso púxose por diante no marcador.

 

Tras o descanso o choque igualouse e os locais puideron empatar, pero desaproveitaron as súas ocasións e permitiron ao Celta recuperar terreo e rozar o segundo tanto. Despois de oito xornadas os canteiráns célticos acumulan cinco vitorias, dous empates e unha única derrota e se consolidan na parte alta da táboa.

 

FICHA TÉCNICA

0-LEALTAD: Porrón, Omar, Alberto González, Álex Blanco, Robert, Llano (Jandrín, 70′), Mendi (Garrido, 88′), Gallego (Johannesson, 88′), Yosu, Muñiz, Grande.

 

1-CELTA: Iván, Kevin, Roger, Alende, Samu, Borja Fdez., Gus, Juan Mera (Adri, 88′), Hicham (Brais, 84′), Joao (Agus, 74′), Iglesias.

 

Goles: Hicham, 44′ (0-1).

 

Árbitro: Gómez Landazabal, do comité vasco. Amonestou a Álex Blanco, Alberto González (Lealtad), Hicham, Juan Mera, Borja Fernández e Alende (Celta).

 

Campo: Las Callejas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas