hori
Celta b

Gran vitoria do Celta B en Sanse (0-1)

RC Celta

 

3 puntos moi importantes que o Celta B sacou do campo do San Sebastián de los Reyes nos últimos minutos do encontro.

Nun partido marcado pola igualdade no partido, a segunda metade xa atopou máis opcións para o conxunto celeste, que puxo en apuros reiteradamente á meta local. Unha acción de Raúl Blanco a falta de 6 minutos para o final permitiu aos celestes levarse os 3 puntos do Matapiñonera.

O próximo partido celeste será ante o Badaxoz en Abanca Balaídos a vindeira semana. O filial celeste durmirá esta noite en postos de playoff por primeira vez nesta tempada, na quinta posición.

FICHA TÉCNICA

0 – UD SANSE: Pedro López: Euse, Juanra, Charlie, Raúl; Borja, Mecerreyes, de Vicente (neto, min. 83); Ródenas, Coulibaly (Sánchez, min. 65′), Aparicio (Javi Gómez, min. 75′)

1 – CELTA B: Cuba; Javi, Gael, Iván, Medrano, Hugo Á (Tincho, min. 74′).; San Bartolomé (Yoel, min. 89′), Calderón, Pablo Durán (Manu Garrido, min. 80′), Lautaro (Carrique, min. 89′), Iker (Raúl Blanco, min. 74′)

GOL: Raúl Blanco (min. 84′)

ÁRBITRO: Amonestou a Aparicio polo Sanse (min. 61 ́). Polo Celta B Iker (min. 33′) e Medrano (min. 91′). Expulsou a Charlie por vermella directa (min. 92′)

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas