
O Celta Fortuna e a SD Ponferradina comparten a partir desta fin de semana unha apaixonante cita futbolística como premio ao esforzo conxunto de ambos os equipos e afeccións ao longo desta tempada. Os dous clubs estamos convencidos de que esta oportunidade, máis aló da lóxica confrontación deportiva, servirá para reforzar os xa firmes lazos de amizade entre ambas as institucións.
Celta Fortuna e SD Ponferradina animan os seus respectivos seareiros a gozar ao máximo do play-off, a dalo todo para defender as súas cores e a vivir a experiencia nun clima de deportividade á altura de dous clubs centenarios. A competición será intensa sobre o terreo de xogo, as dúas bancadas vivirana coa paixón que as caracteriza, pero por riba de todo prevalecerán a cordialidade e o respecto, como exemplo da filosofía de branquiazuis e celtistas.
As dúas institucións agradecemos o apoio recibido das nosas afeccións ao longo de toda a tempada e o esforzo desenvolto polos dous equipos. Agora, estamos preparados para vivir ao máximo o momento decisivo. Vémonos no Toralín! Vémonos en Abanca Balaídos!