firma cdc NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

Grupo CdeC, novo Membro de Honra da Fundación Celta

RC Celta

O Grupo CdeC forma xa parte da rede de empresas colaboradoras da Fundación Celta a través da categoría de Membro de Honra. Esta colaboración materializouse estes días coa firma do convenio para a presente tempada por parte do director da Fundación Celta, Germán Arteta, e o socio fundador do Grupo CdC, Carlos Calo.

O novo membro de honor ten un amplo historial como proveedor do RC Celta e da Fundación, xa que prestou servizos de fornezo de elementos gráficos para as actividades que alí se organizan tales como a Invasión Celeste, os campus de verán ou as escolas de fútbol.

O Grupo CdeC é unha empresa nova, formada por un grupo de profesionais cunha ampla experiencia no sector das artes gráficas e orientada sobre todo a ofrecer un servizo integral e de excelencia coas mellores solucións a todos os profesionais do sector.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas