juvenil-grupo-tw-1920.jpg
A Canteira

Histórico logro do Xuvenil A: disputará a próxima edición da UEFA Youth League

RC Celta

Profunda alegría no RC Celta. O Xuvenil A, dirixido por Jorge Cuesta, será un dos representantes españois a próxima tempada na máxima competición continental: a UEFA Youth League. A Real Federación Española de Fútbol fixo oficial este luns a participación do conxunto celeste no torneo europeo ao ser o equipo de toda a categoría xuvenil a nivel nacional con mellor media de puntos cando se tivo que paralizar a competición por mor da crise sanitaria.

Esta clasificación, histórica para o club, premia o traballo de canteira que desde hai moitos anos está a levar a cabo o RC Celta, cultivando numerosos éxitos nacionais e internacionais e que ten o seu broche coa presenza de até 10 canteiráns no primeiro equipo.

Ademais deste logro, o Xuvenil A proclamouse campión do Grupo I de División de Honra por segunda tempada consecutiva tras o anuncio da RFEF para a resolución das competicións non profesionais. O equipo celeste encabezaba a clasificación con cinco puntos de vantaxe sobre o Sporting de Xixón.

Desta maneira, conclúe unha tempada de ilusión para o Xuvenil A, que non coñecía a derrota tras acumular 21 vitorias e 4 empates nas 25 xornadas que se disputaron até o momento.

O RC Celta felicita a xogadores e corpo técnico do Xuvenil A por o fantástico traballo realizado ao longo de toda a campaña.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira Novas fundación Novas canteira

Noticias recomendadas