20211026_HugoÁlvarez_destacada
A Canteira

O xuvenil Hugo Álvarez, convocado por primeira vez coa Selección Española

RC Celta

O canteirán Hugo Álvarez foi chamado por primeira vez polas categorías inferiores da Selección Española. O futbolista do Xuvenil A foi convocado polo combinado sub-19 para uns adestramentos oficiais que se celebrarán en L’Alfàs do Pi (Alacante) a próxima semana, do 17 ao 19 de xaneiro.

Hugo disputou quince encontros (trece deles como titular) cun Xuvenil A que se proclamou esta fin de semana campión de inverno, cun rexistro individual de doce goles e cinco asistencias. Unha tempada na que tamén debutou co primeiro equipo en LaLiga e na Copa del  Rey.

Esta citación referenda o traballo e o esforzo do club e a Fundación na potenciación e mellora da canteira celeste, cuxa achega ás categorías inferiores da Selección Española é máis que notable.

Podes consultar a convocatoria ao completo nesta ligazón.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas