Resultados 2021-2022
A Canteira

Resultados da canteira do RC Celta (8 e 9 de xaneiro)

RC Celta

A fin de semana comezou o pasado sábado en horario matutino co inicio da segunda fase da competición para os equipos de fútbol 8. Os alevíns enfrontáronse a domicilio ante CP Alertanavia (0-5) e Racing Vilariño (0-11), mentres que os benxamíns víronse as caras ante Cristo de la Vitoria SD (6-1) e AD Montecastelo (9-1). Pola súa banda, o Xuvenil B despediu o día empatando ante o CD Lugo B (1-1) na Cheda, un resultado que mantén aos celestes no liderado con 38 puntos.
O domingo arrincou co triunfo do Cadete A (2-3) en Fragoselo para ampliar en dous puntos a súa distancia na primeira praza de División de Honra. O Infantil B impúxose ante o Cristo da Vitoria SD (7-0) na Madroa e lidera a táboa con 36 puntos. Dobre ración celeste ás doce: o Celta B derrotou á SD Logroñés (3-2) en Barreiro e ascende ata a oitava posición con 28 puntos de Primeira RFEF Footters, mentres que o Xuvenil A proclamouse campión de inverno tras impoñerse por 0-6 ante o Pontevedra CF en Xeve e sumar 47 puntos na primeira volta. Por último, o Infantil A pechou a fin de semana tras vencer na Madroa (8-0) ante o EDC Verín e suma 42 puntos en Liga Galega.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas