cronica celta b horizontal
A Canteira

Importante vitoria fronte ao Guijuelo dun Celta B que xa é segundo

RC Celta

Nos primeiros compases do encontro o Celta B foi claro dominador, imprimíndolle un ritmo vertixinoso, na procura de adiantarse no marcador. O Guijuelo adiantábase no seu primeiro tiro a porta no minuto 22. Os plans do filial non cambiaron e seguiron envorcados na súa ofensiva, buscando o empate que chegaría cun estiloso remate de Miguel Rodríguez aos 33 minutos.

A segunda parte seguiu o mesmo guion, pero unha expulsión de Gabri fixo que o equipo redobrase esforzos até conseguir o seu merecido premio nos minutos finais cunha excelente triangulación entre Lautaro, Carreira e Soni, finalizada por este último con éxito.

O filial celeste logra desta maneira conseguir os 3 puntos no primeiro dos partidos que tiña aprazados. Unha importante vitoria que lle sitúa no segundo lugar da clasificación, a dous puntos do líder.

FICHA TÉCNICA

2-RC Celta B: Álvaro, Carreira, Lucas, Carlos, Pampín, Markel (Barri min. 45), Gabri, Alfon (Solís min. 72), Miguel (Losada min. 82), Zoran (Soni min. 60), Manu Xusto (Lautaro min. 72).

1-Guijuelo: Salcedo, Julián, Carlos ( Parra min. 62) , Abraham (Fernández min.72), Cristóbal, Eizmendi (Do Piñeiro min. 67), José, Andi, Isma (Mounir min. 83), Quique (Deco min. 68), Damián.

Goles: 0-1, min. 22: Pozo, 1-1, min. 33 Miguel , Soni 2-1 min. 81.

Árbitro: Alexander González (Tenerife). Amoestou con cartón amarelo aos locais Zoran, Lucas, Markel, vermella a Gabri . Guijuelo : Isma Cerro amarela e vermella a Cristòbal.

Incidencias: partido aprazado da xornada 10 disputado no campo de Barreiro a porta pechada.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas