GENERICO HORIZONTAL
Campus gl

Inscricións abertas para os Clínics de Semana Santa do RC Celta!

RC Celta

Xa están abertas as inscricións para os Clínisc de Semana Santa do RC Celta que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 14, martes 15 e mércores 16 de abril.

As sedes confirmadas son as seguintes:

A Madroa (Vigo) – Luns, martes e mércores.

Vilalonga (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.

A Guarda (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.

Moraña (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.

Ribadavia (Ourense) – Luns, martes e mércores.

Na sede de A Madroa ademais do clínic habitual tamén temos as seguintes modalidades específicas:
Clínic de Porteiros Sergio Álvarez – Luns, martes e mércores.
Clínic de Feminino As Celta – Luns, martes e mércores.

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do RC Celta, o equipo de futbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de mozos xogadores tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Un agasallo de Semana Santa excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do RC Celta.

As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte o teu posto e gozar ao grande do fútbol da man do RC Celta e os seus adestradores. As inscricións estarán abertas ata o venres, 11 de abril, ás 12:00h.  A través da propia web do RC Celta poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados. Más de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Obtén máis información e tramita a túa inscrición accede AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

Campus gl

Noticias recomendadas