Durante o último partido da tempada, correspondente á volta eliminatoria de playoffs disputada na Rosaleda fronte ao Málaga CF (2-1), Joel López sufriu unha lesión pola que tivo que ser substituído por Manu Fernández. Tras as probas médicas pertinentes, confirmouse que Joel sofre unha rotura nos ligamentos cruzado anterior, lateral interno e menisco da súa perna esquerda, lesión que o fará pasar por quirófano nas próximas semanas.
O defensa do Celta Fortuna, recuperarase en Vigo, baixo a supervisión do corpo médico do RC Celta, quen se encargará de que o proceso sexa o máis rápido e eficiente posible. A pesar desta desafortunada circunstancia, o club quere confirmar que Joel seguirá formando parte do filial celeste durante a próxima tempada. Esta decisión permitirá que o xogador continúe achegando o seu talento e calidade ao equipo tan pronto se recupere, tal como fíxoo na campaña 23/24, na que o Fortuna se destacou, con 67 goles, como o equipo máis goleador do Grupo I da Primeira Federación.
O RC Celta desexa expresar todo o seu apoio a Joel López nestes momentos difíciles, confiando en que a súa recuperación será rápida e exitosa. Ánimo, Joel!