20230612_LaLigaGenuine_3
Celta b

O Fundación Celta Integra, campión de Xogo limpo en LaLiga Genuine Santander 2022/23

RC Celta

A tempada 2022/23 de LaLiga Genuine Santander chegou ao seu fin na cidade de Vila-real, e estamos orgullosos de compartir os logros do noso equipo, o Fundación Celta Integra. Durante oito meses de competición, máis de 1.000 xogadores, xogadoras e corpos técnicos demostraron a súa paixón e dedicación nesta liga inclusiva, e queremos destacar os valores que quedaron reflectidos tanto dentro como fóra do terreo de xogo.

A pasada fin de semana, os días 11 e 12 de xuño, a Cidade Deportiva José Manuel Llaneza, en Vila-real, foi o escenario onde levaron a cabo as últimas xornadas da 5ª edición de LaLiga Genuine Santander. O ambiente festivo e a presenza de centos de afeccionados demostran a importancia que esta competición ten nas bancadas, compartindo os valores de inclusión e deportividade que representamos.

Nesta última fase, o Fundación Celta Integra proclamouse campión do trofeo Xogo limpo no Grupo Deportividade, sendo o primeiro equipo en levantar os títulos de competición (tempada 2018/19) e de xogo limpo (2022/23). Estes logros son un testemuño do compromiso e a ética deportiva que os nosos xogadores demostraron ao longo da competición.

Durante a emocionante fin de semana, disputáronse 66 partidos, e o sábado pola noite celebrouse unha festa de fin de tempada na que todos os equipos compartiron momentos de alegría que resaltaron os verdadeiros valores de LaLiga Genuine Santander, onde o compartir prevalece sobre a competición.

Na cerimonia de clausura, déronse a coñecer os gañadores da tempada 2022/23. Ademais do Fundación Celta Integra, felicitamos ao RCD Espanyol por ser campións deportivos no Grupo Deportividade, ao RCD Mallorca no Grupo Compañeirismo, e ao CA Osasuna no Grupo Respecto. Tamén estendemos as nosas felicitacións ao Nàstic de Tarragona no Grupo Compañeirismo e ao Athletic Club Fundazioa no Grupo Respecto, que levaron os trofeos Xogo limpo nos seus respectivos grupos.

O domingo, tivo lugar o desfile final dos 44 equipos acompañados das súas afeccións, familiares e amigos, seguido da entrega de medallas e trofeos aos equipos gañadores. Nesta cerimonia, contamos coa presenza de destacados representantes do fútbol e das institucións, incluíndo ao presidente de LaLiga, Javier Tebas, e ao presidente do Villarreal CF, Fernando Roig, quen expresou a súa gratitude e recoñecemento a todos os involucrados nesta competición.

Unha vez máis, LaLiga Genuine Santander demostrou o poder do fútbol como ferramenta de cambio na nosa sociedade. Ensínanos que o deporte pode promover valores positivos como o compañeirismo, a deportividade e a amizade, sen perder de vista a competitividade e a paixón. Felicitamos a todos os equipos e participantes pola súa entrega e dedicación, e esperamos con entusiasmo a próxima tempada de LaLiga Genuine Santander.

RC Celta

Etiquetas

Celta b Fundación

Noticias recomendadas