ESCUDO-1300x400-01
Fundación

Os cadetes Moha Dahmouni e Óscar Marcos, convocados pola Selección Española sub-16

RC Celta

Con motivo do Torneo Internacional sub-16 Albir Garden, que se vai a celebrar en L’ Alfàs do Pi (Alacante), a Selección España sub-16 convocou ao defensa Mohamed Dahmouni e ao centrocampista Óscar Marcos. Os xogadores do Cadete A foron citados do 22 ao 28 de novembro na localidade alacantina, na que terán que medirse a dúas seleccións a finais de mes.

O combinado nacional iniciará a súa participación neste torneo o mércores 24 fronte a Irlanda e, dous días máis tarde, o venres 26, terá lugar o duelo fronte a Noruega.

Será por tanto a primeira convocatoria de Óscar Marcos coas categorías inferiores da Selección Española, mentres que Moha Dahmouni xa foi citado con España sub-16 no pasado mes de setembro. Estas citacións non fan máis que reforzar a imaxe da canteira celeste como unha das que máis nutre de xogadores ás categorías inferiores da Selección Española grazas ao esforzo que realizan tanto o RC Celta e a súa Fundación co fútbol base.

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas canteira

Noticias recomendadas