Untitled-1
A Canteira

Mohamed Harafat Diabate, unha aposta de futuro para A Canteira do Celta

RC Celta

O Celta alcanzou un acordo co Racing Club d’Abidjan para o traspaso de Mohamed Harafat Diabate, extremo dereito internacional sub-17 con Costa do Marfil, que se incorporará á disciplina celeste unha vez alcance a maioría de idade.

Harafat continuará formándose no seu club de orixe ata cumprir os 18 anos en novembro de 2027. Será entón cando se incorporará ao Celta, aínda que non poderá ser inscrito para disputar competición oficial ata o mercado de inverno da tempada 27/28.

Con esta incorporación, o Celta suma ao seu proxecto de canteira a un futbolista cunha enorme proxección e talento, xerando oportunidades de futuro e reafirmando a súa aposta en novas promesas de África como xa pasou con Bernard Somuah, Seyni Ndiaye ou Aldrine Kibet.

En todo caso, a transferencia efectiva queda suxeita ao cumprimento dos procesos administrativos correspondentes.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira

Noticias recomendadas