firma mrw NOTICIA_DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

MRW e Fundación renovan o seu convenio de colaboración

RC Celta

MRW e a Fundación Celta continúan unindo os seus camiños. Un ano máis, a empresa de mensaxería mostra o seu compromiso co club e a Fundación en calidade de Membro de Honra da entidade celeste, situación á que chegou en 2018.

Á firma de renovación do acordo que se celebrou no Salón Rexio da Sede asistiron Santos Almeida, xerente de MRW; e Germán Arteta, director da Fundación Celta.

O apoio da compañía española supón un importante reforzo ao labor de fútbol basee da Fundación Celta, pero en especial a un dos seus proxectos máis ilusionantes: o equipo Fundación Celta Integra de xogadores con discapacidade intelectual.

MRW é unha empresa aliñada co fomento de valores á sociedade, onde a súa vinculación coa Fundación supón unha canle idónea para a transmisión deses valores a través do apoio ao fútbol basee e en especial á Fundación Celta Integra.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas