A Fundación Celta no seu afán por integrar aos colectivos con diversidade funcional, apostou pola creación dunha escola deportiva destinada principalmente á práctica do fútbol de nenos e nenas entre 8 e 16 anos con discapacidade intelectual.
A idea nace despois dunha valoración exhaustiva da necesidade de espazos deportivos para estes mozos e mozas e a gran demanda e interese demostrada polas súas familias.
Acerca da escola
A filosofía da Escola Fundación Celta Genuine aséntase na idea de facilitar o desenvolvemento e mellora do control motor dos nenos e nenas con diversidade funcional, dunha maneira lúdica e individualizada, formalos deportiva e persoalmente relegando a un segundo plano a competición.
A escola ten como obxectivos esenciais:
Promover o deporte e a recreación en mozas con diversidade funcional.
Propiciar e facilitar a creación de vínculos e lazos sociais dentro da entidade de Club.
Mellorar o desenvolvemento condicional, motriz e cognitivo dos mozos xogadores. Mellorar a saúde e a calidade de vida dos mozos xogadores e as súas familias.
Mellora persoal e actitudinal, desenvolvemento da autoestima, autonomía e tolerancia á frustración.
Diminuír actitudes negativas como o sedentarismo, abulia, apatía e illamento.
Estimular as actividades lúdico-deportivas como prácticas da vida cotiá dos mozos xogadores e as súas familias.
Con motivo da experiencia adquirida durante as cinco tempadas da Fundación Celta Integra, faise esencial coñecer cada un dos diagnósticos descritos, así como as súas características e sintomatoloxías. A análise e valoración individualizada de cada un dos participantes, tamén vai permitir o poder diferenciar grupos de traballo en función das súas capacidades. Por iso, o desenvolvemento dos adestramentos e a actividade realizarase en grupos reducidos, cun mínimo de 5 e un máximo de 8 xogadores.
A Escola desenvolverá a súa actividade os martes e os mércores en horario de 16:00 a 17:30h nas instalacións deportivas da Madroa. Co obxectivo de manter dous das características máis significativas da Escola Fundación Celta Genuine, individualización e especialización, cada grupo de 5 a 8 participantes estará composto polo seguinte equipo técnico:
Un monitor/adestrador das categorías inferiores do RC Celta.
Un profesional especializado. Un apoio ou delegado.
A actividade respectará o calendario escolar da Xunta de Galicia para o curso 2021/2022.
Información e inscricións
Para obter información máis detallada acerca da escola por favor contacte á dirección de correo electrónico: [email protected]
Inscricións aquí
Patrocinan