Fundación Celta Genuine NOTICIA DESTACADA 1300 X 400px
Fundación

O Celta Integra arrinca cun novo patrocinador principal: a firma galega Los Estores.com súmase a este ilusionante proxecto

RC Celta

O equipo Fundación Celta Integra volve á actividade coa máxima ilusión e unha gran novidade. A Fundación Celta e a firma Los Estores.com selaron un acordo que converte a esta empresa galega en patrocinador principal do equipo celeste, que retomou os adestramentos o pasado luns.

Los Estores.com, empresa punteira no mercado da protección solar de fiestras e exteriores. lucirá no frontal das camisetas do conxunto Celta Integra, un apoio de gran importancia para este equipo da Fundación Celta.

A firma, que fabrica para profesionais e público en xeral e distribúe os seus produtos para todo o mundo a través da súa web, súmase así a un dos proxectos máis ilusionantes e satisfactorios da Fundación celeste, que quere expresarlle a súa agradecimiento polo seu apoio.

Os xogadores de Fudación Celta Integra comezaron os adestramentos nas Instalacións Deportivas de A Madroa esta mesma semana e mostráronse encantados tanto pola ansiada volta á actividade como polo estreo de equipaciones cun novo patrocinador principal.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas